O Concello de Oleiros organiza a XXXIV edición do "Tríatlon Concello de Oleiros" o próximo sábado 25 de maio en Mera. Colaboran na realización do evento a Federación Galega de Tríatlon, Protección Civil do Concello de Oleiros, Policía Local do Concello de Oleiros e Garda Civil de Tráfico.
Sábado 25 de maio
Saída ás 16:00h
Distancia: Para todas as categorías, sprint:
- 750 m de natación
- 21 Km en bicicleta
- 5,5 Km de carreira a pé
Neste tríatlon poderán participar:
Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 220.
Categorías (H/M):
- - Absoluta (Xeral)
- - Xuvenil (2006-2007)
- - Junior (2004-2005)
- - Sub-23 (2000-2003)
- - Veterán 1 (1974-83)
- - Veterán 2 (1973-1964 )
- - Veterán 3 (1963 e anteriores)
Sábado 25 de maio de 2024
Saída ás 16:00 horas.
Localidade de Mera.
Saída, boxes e meta no parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.
Calendario de inscrición:
Do luns 29 de abril ás 10:00 horas ata o luns 20 de maio ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición na web: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2787/xxxiv-triatlon-concello-de-oleiros
A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o mércores 8 de maio ás 14:00h.
O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros. As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon no seguinte enlace: https://www.rockthesport.com/es/evento/xxxiv-triatlon-concello-de-oleiros-tramite-licencias-1-dia
Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado (poderán descargar na seguinte ligazón: https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/12/ficha-non-federados-1.docx e a copia do DNI en vigor.
O abono da licenza de 1 día (20€ adultos/ 6 € menores de 16 anos/5€ deportistas con licenza galega de ciclismo) farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.
Correo electrónico: