Actividades deportivas

Atrás XXXIV Tríatlon Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros organiza a XXXIV edición do "Tríatlon Concello de Oleiros" o próximo sábado 25 de maio en Mera. Colaboran na realización do evento a Federación Galega de Tríatlon, Protección Civil do Concello de Oleiros, Policía Local do Concello de Oleiros e Garda Civil de Tráfico.

Sábado 25 de maio

Saída ás 16:00h

Distancia: Para todas as categorías, sprint:

  • 750 m de natación
  • 21 Km en bicicleta
  •  5,5 Km de carreira a pé 

 

¿A quién va dirigido?

Neste tríatlon poderán participar: 

Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 220. 
Categorías (H/M): 

  • - Absoluta (Xeral)
  • - Xuvenil (2006-2007)
  • - Junior (2004-2005)
  • - Sub-23 (2000-2003)
  • - Veterán 1 (1974-83)
  • - Veterán 2 (1973-1964 )
  • - Veterán 3 (1963 e anteriores)
Fecha del evento

Sábado 25 de maio de 2024

Horario

Saída ás 16:00 horas.

Lugar de Celebración

Localidade de Mera.

Saída, boxes e meta no parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera. 

Plazo de inscripción

Calendario de inscrición:  

Do luns 29 de abril ás 10:00 horas ata o luns 20 de maio ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición na web: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2787/xxxiv-triatlon-concello-de-oleiros


A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o mércores 8 de maio ás 14:00h.

Precio

O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros. As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon no seguinte enlace: https://www.rockthesport.com/es/evento/xxxiv-triatlon-concello-de-oleiros-tramite-licencias-1-dia

Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado (poderán descargar na seguinte ligazón: https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/12/ficha-non-federados-1.docx e a copia do DNI en vigor.

O abono da licenza de 1 día (20€ adultos/ 6 € menores de 16 anos/5€ deportistas con licenza galega de ciclismo) farase con tarxeta bancaria a través de TPV.


Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.

Medios de contacto

Correo electrónico:

deportes@oleiros.org

Enlace inscrición