O vindeiro sábado 24 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 13 de outubro ás 10.00 horas.
- No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o martes 13 de outubro ás 10.00 horas e o xoves 15 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. INSCRICIÓN
- No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
|
RUTA POLO SOLPOR DA COSTA DA MORTE: DE NEMIÑA AO CABO TOURIÑÁN |
|
Lonxitude: 16,5 km Dificultade: media |
|
IDEA DA RUTA: A ruta lévanos desde a praia de Nemiña seguindo a costa cara ao norte ata o faro de Touriñán, atravesando unha paisaxe agreste e natural. Comezaremos cun ascenso por unha zona de cultivos con árbores dispersas para chegar aos prados de sega que alternan co mato atlántico de toxo que domina a paisaxe. Camiñaremos á beira dos cantís, que se encontran moi ben conservados, podendo gozar dunhas impresionantes vistas rematando no cabo Touriñán gozando do solpor desde o punto máis occidental de Galicia.
|
|
PUNTOS DE INTERESE
VISITA CULTURAL: Cabo Touriñán, o faro do último solpor
|
Sábado, 24 de outubro de 2026
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 13 de outubro ás 10.00 horas.
- No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o martes 13 de outubro ás 10.00 horas e o xoves 15 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura.
- No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.