Actividades culturais

Atrás RUTA NA CONTORNA DO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

O vindeiro sábado 20 de xuño terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

As saídas contarán con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 8 de xuño ás 10.00 horas.
  • No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o luns 8 de xuño ás 10.00 horas e o martes 9 ás 14.00 horas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA POLA CONTORNA DO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO.

Lonxitude: 16 km

Dificultade: media - baixa

Ruta que saíndo de Aguiño adéntrase no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, onde poderemos gozar de boas vistas e perspectivas sobre este valioso espazo natura, e tamén na lagoa de Carregal, Ao longo do seu percorrido gozaremos de impresionantes paisaxes costeiras e da sombra do bosque de ribeira que nos acompaña ao igual que diversas mostras de patrimonio etnográfico, como muíños, lavadoiros, fontes e pasais...

Remataremos nun dos monumentos megalíticos de maior significación en Galicia: o dolmen de Axeitos. 

PUNTOS DE INTERESE

  • Aguiño
  • Peirao da Covasa e lavadoiro da Penisqueira
  • Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo
  • Río de Artes
  • Arquitectura popular: lavadoiros e muíños
  • Lagoa de Carregal
  • Muíños de Amendo
  • Bosque de ribeira
  • Monte da Lavandeira
  • Río da Cidade
  • Túmulo de Pipín
  • Mina de wolframio 
  • Dolmen de Axeitos

Fecha del evento

20 de xuño de 2026

Precio

23 euros

INSCRICIÓN