O vindeiro sábado 9 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, tratándose nesta ocasión dunha ruta familiar.
- As rutas familiares están dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, e o pai e a nai ou titor/a legal.
- Nas rutas familiares deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.
- No caso de que só participe un dos proxenitores permítese a inscrición dun máximo dunha persoa adulta acompañando a familia.
- No caso de quedar prazas vacantes o Concello resérvase o dereito de valorar a participación doutras persoas vinculadas á familia participante.
- Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas cun prezo público de 12 euros para persoas adultas e 6 euros para menores de idade.
- Recoméndase roupa axeitada e cómoda e calzado específico para a actividade de sendeirismo, auga, gorro ou gorra, crema solar, bastón/s (opcional) e froita ou froitos secos para levar na mochila durante a ruta.
- O xantar e as bebidas das persoas participantes correrán pola conta de cada quen.
|
Dificultade: baixa 9 de maio de 2026 |
|
Ruta que discorre arredor da Lagoa de Cospeito, zona húmida que se desecou parcialmente durante o franquismo e que tras varios proxectos de restauración ambiental vai recuperando o seu valor ambiental. Na ruta hai varios observatorios ornitolóxicos, algúns sobreelevados, para poder gozar da observación das aves que acolle especialmente na época de invernada. |
|
PUNTOS DE INTERESE
VISITA CULTURAL: Espazo Museístico de Muimenta: Antiga Escola, Museo das Zocas, Xogo Tradicional, Árbores senlleiras e Igrexa Vella
|
As rutas familiares están dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, e o pai e a nai ou titor/a legal.
Sábado 9 de maio 2026
Todo o día
As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal a partir do luns 27 de abril ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros
12 euros para persoas adultas e 6 euros para menores de idade