Actividades culturais

Atrás Produccións Teatrais Excéntricas. As Desterradas de Carme Varela

25.º Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

  • Autoría: Carme Varela.
  • Dirección: Quico Cadaval
  • Elenco artístico: Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira
  • Duración: 85 min
  • Clasificación: Drama
  • Público: Adultos. Maiores de 14
  • Prezo: 6,00 €

Entradas á venda con antelación a través de https://www.giglon.com/todos?idEvent=produccions-teatrais-excentricas-as-desterradas-oleiros e no propio auditorio unha hora antes do espectáculo o mesmo día do evento, ata completar a capacidade da sala.

CARTAZ

Fecha del evento

Sábado 7 de marzo

Horario

20:30 horas

Lugar de Celebración

Auditorio Gabriel García Márquez  (Mera)

Precio

6,00 euros

ENTRADAS