Actividades culturais

Atrás RUTA FAMILIAR: RUTA DA FRAGA AOS MUÍÑOS- MESÍA

O vindeiro sábado 11 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, tratándose nesta ocasión dunha ruta familiar.

  • As rutas familiares están dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, e o pai e a nai ou titor/a legal.
  • Nas rutas familiares deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.
  • No caso de que só participe un dos proxenitores permítese a inscrición dun máximo dunha persoa adulta acompañando a familia.
  • No caso de quedar prazas vacantes o Concello resérvase o dereito de valorar a participación doutras persoas vinculadas á familia participante.
  • Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas, cun prezo público de 23 euros para persoas adultas e 6 euros para menores de idade nas rutas familiares.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal no seguinte enlace  INSCRICIÓN RUTA FAMILIAR a partir do martes 30 de setembro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

PUNTOS DE INTERESE

    • Brañas de Valga
    • Fraga de Areosa
    • Paisaxes agrarias e forestais
    • Muíños de Queiroa, Batán e A Cubela
    • Aldeas da Carballa e Leborís
    • Carballeira de Santo Antón
    • Área de lecer de Ponte Carballa
    • Río Samo

VISITA CULTURAL:

  • Granxa ecolóxica “Casa Grande de Xanceda” ou Aula de natureza Brañas de Valga

Fecha del evento

Sábado, 11 de outubro de 2025

INSCRICIÓN RUTA FAMILIAR