A partir do 15 de setembro ás 10.00 horas ábrese o prazo para optar as distintas actividades culturais do curso 2025/26 organizadas polo Concello de Oleiros.
As actividades culturais ofertadas son: https://www.oleiros.org/actividades-e-obradoiros-culturais
Artes plásticas (2014-2019)
Teatro infantil (2015-2019)
Olería infantil (2015-2019)
Pintura infantil (2015-2019)
Debuxo, ilustración e cómic infantil (2015-2019)
Teatro xuvenil (2008-2014)
Olería xuvenil (2008-2014)
Pintura xuvenil (2008-2014)
Debuxo, ilustración e cómic xuvenil (2008-2014)
Teatro (+18)
Olería (+18)
Pintura (+18)
A solicitude poderase realizar a través da sede electrónica (Inscrición en Obradoiros Culturais) ou presencialmente na Fábrica (de luns a venres en horario de mañá), nos seguintes prazos:
Obradoiros infantís e xuvenís:
- Do 15 de setembro ás 10.00 horas ao 19 de setembro ás 12.00 horas.
Obradoiros para maiores de 18 anos:
- Do 22 de setembro ás 10.00 horas ao 26 de setembro ás 12.00 horas.
Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
No caso de ter praza nun grupo dunha actividade non se poderá ocupar outra praza en outra quenda da mesma actividade.
Máis información sobre horarios, ubicación, prezos públicos e calendario na web municipal, en TEMAS CULTURA https://www.oleiros.org/actividades-e-obradoiros-culturais, no departamento de Cultura na Fábrica ou a través de cultura@oleiros.org
Do 15 de setembro ás 10.00 horas ao 19 de setembro ás 12.00 horas: Obradoiros infantís e xuvenís
Do 22 de setembro ás 10.00 horas ao 26 de setembro ás 12.00 horas: Obradoiros para maiores de 18 anos