Os exvotos foron e aínda son un elemento importante das crenzas relixiosas populares. Ofrecer nun santuario unha figura de cera para recobrar a saúde, a mobilidade dunha man ou perna é unha práctica habitual nos nosos días.
Neste obradoiro recrearemos a técnica de produción destes obxectos da man da artesá Carmen Piñón.
Persoas maiores de 12 anos, (terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros).
9 de maio
1ª quenda: de 17.00 a 18.30 h
2ª quenda: de 18.30 a 20.00 h
Castelo de Santa Cruz
Do 18 de abril ao 8 de maio ás 14.00 h
De balde.
Teléfono: 981 61 00 00 extensións: 4211 ou 4321
Correo electrónico: museos@oleiros.org