Autoría e dirección: Esther Latorre e Hugo Pereira
Música: BABYKATZE
Elenco: Esther Latorre, Hugo Pereira, Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez
Coprodución co Centro Coreográfico Galego-Agadic e Concello de Lugo. Co apoio de Teatro Ensalle, INAEM, Ministerio de Cultura, Goberno de España, Museo MIHL, Concello de Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea e Escola Palimoco
Xénero: danza contemporánea
Duración: 60 minutos
Público: todos os públicos
Sinopse: Semellar sen imitar, figurar sen esquecer. Escenario carnavalesco de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. Que muller eras ti? Que muller es ti?
A aparencia como posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela, un grupo de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoia de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Quen eran estas mulleres? Que foi delas?
Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos sen retorno, un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
Prezo: 4,00 €
Venda anticipada a través da web: www.giglon.com e pechará ás 19.00 horas do sábado día 18 de outubro.
https://www.giglon.com/todos?idEvent=tabu-oleiros
As entradas en billeteira física poderán collerse a partir das 19.30 horas. Só pago con tarxeta na billeteira
Sábado 18 de outubro
20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
4,00 €