Actividades culturais

Atrás ANDARES POR GALICIA: RUTA POLOS ANCARES

Horario aproximado previsto*:

07.30.- Saída de Santa Cruz

07.40.- Saída de Santa Cristina

09.30.- Chegada a Becerreá

              Parada técnica: Café/pan

10.00.- Bus a inicio da ruta

10.45- Inicio da ruta. Refuxio-Albergue Ancares

  • Campa de Ortigoso
  • Campa de Tres Bispos
  • Campa das Ovellas
  • Pico Tres Bispos

14.30.- Xantar de campo nos arredores da Campa de Tres Bispos

15.30.- Retomamos a ruta

  • Campa de Tres Bispos
  • Avesedo de Donís

17.30.- Fin de ruta nos Cabaniños

17.45.- Bus a Piornedo

18.15.- Chegada a Piornedo

  • Visita á Palloza-Museo do Sixto
  • Paseo por Piornedo
  • Tempo libre para refrixerio

19.30.- Autobús de regreso a Oleiros

  • (Cambio de condutor)

22.15.- Chegada a Santa Cristina

22.25.- Chegada a Santa Cruz

(*os horarios son orientativos e poden variar en función das condicións meteorolóxicas ou doutras circunstancias alleas á organización)

Características técnicas:

Distancia:

12,2 km

Dificultade**:

Media-alta

Altitude máxima:

1784 m

Altitude mínima:

998 m

Desnivel acumulado positivo (ascenso):

470 m

Desnivel acumulado negativo (descenso):

820 m

**O grao de dificultade é unha valoración obxectiva que se calcula en función das características da ruta e do terreo, pero o esforzo necesario para realizala pode variar en función da condición física de cada participante e das condicións meteorolóxicas existentes.

*** Importante levar pantalón longo e botas de montaña, bastóns e algunha prenda de abrigo.

Fecha del evento

Sábado, 27 de setembro de 2025

Plazo de inscripción
  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 16 de setembro ás 10.00 horas.
  •  No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o martes 16 de setembro ás 10.00 horas e o mércores 17 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Precio

23 euros

INSCRICIÓN ANDARES