Actividades 65+

Atrás Inscrición como demandante de praza para as actividades de Envellecemento Activo 65+ para o curso 2026/2027

O concello abre o prazo para inscribirse nas listas de demandantes de praza para as actividades de “Envellecemento activo” do curso 2026/2027. Este curso, que iniciou o 14 de setembro conta con 774 prazas ocupadas, nas actividades de: Ximnasia, Taller de memoria ,  Ioga e Relaxación.

Poderán seleccionar a actividade que desexa realizar:

  • Actividades: Ximnasia, Taller de memoria,  Ioga e Relaxación. (So poderá presentar unha solicitude por actividade).
  • Horario: Preferencia de mañá ou de tarde ( debe escoller unha opción por actividade)
  • Tras a recepción das solicitudes, levarase a cabo un sorteo para establecer a orde de relación da lista de agarda que será publicada o 9 de outubro. Estas solicitudes irán ocupando as prazas que queden vacantes nas actividades xa iniciadas.
  • As prazas se asignarán no momento que queden vacantes e se lles comunicará por vía telefónica.

    Así mesmo, no caso de existir unha demanda significativa nunha localidade concreta, analizarase a opción de abrir un novo grupo para atender as solicitudes de todas as persoas interesadas.

    No momento de iniciar esta convocatoria quedan anuladas as listas de agarda correspondente ao curso 2025/2026.

¿A quién va dirigido?

Para poder presentar a solicitude, é imprescindible cumprir as seguintes condicións:

  • Estar empadroado/a no concello.
  • Ter 65 anos ou máis.
Plazo de inscripción

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ás 9H de outubro ao 7 de outubro  pódese tramitar por dúas vías:

  • Vía web: Prema na ligazón que se atopa mais abaixo
  • Vía telefónica: Chamando ao teléfono municipal do Servizo de atención a veciñal 981 610 000  en horario de 16:00 a 19:00 horas (de 16:00 a 19:00 da tarde). 
Formulario de inscrición