Actividades 65+

Atrás PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2026 "MIRANDO AO CEO"

MIRANDO AO CEO

O programa “Ven e descubre” ten como obxectivo desde fai 30 anos  fixar as nosas miradas no que nos rodea, nas persoas que nos acompañan e nas que nos precederon, na paisaxe, na natureza, na historia, nas cousas pequenas e nos grandes acontecementos, na conversa, no coñecemento, na arte,... en resume na diversidade da vida.

Así neste 2026 alzaremos a nosa mirada ao ceo para poder ver e entender mellor a nosa vida no planeta Terra.

Mirando o ceo  e un programa de itinerarios de excursionismo, sendeirismo e observación de estrelas que vai a abordar a observación e o coñecemento dos fenómenos astronómicos e a vida do ser humano no planeta terra.  

Na actividade de excursionismo :

A terra de astrónomos, pola terras do Deza para coñecer a fondo o traballo do científico Ramon Aller Ulloa, visitando o observatorio que creou en Lalín e diferentes lugares da comarca.
En conexión co cosmos, neste percorrido afondarase na conexión que establecen antigos poboadores entre a terra e o ceo. Visitando espazos tan importantes como o dolmen de Dombate e as terras de Laxe.
Baños de sol e mar, percorrera a comarca do Salnés para coñecer a relación que a climatoloxía deste territorio, máis soleada, tivo e ten no desenvolvemento socioeconómico: explotacións de salinas, balnearios, turismo... Así como as lendas relacionadas coas ondas do mar.  

Na actividade de ollada de estrelas :

Ruta nocturna de observación dos ceos na illa de Sálvora 

Na actividade de sendeirismo :

O lago das estrelas, e un itinerario de sendeirismo que percorre “Lagostelle” no concello de Guitiriz . Un espazo cheo de lendas relacionadas con serpes, vilas asolagadas, amores frustrados no que se camiñará ata as brañas do Boedo de grande importancia ecolóxica para o mantemento dos ríos da Terra Cha.
Mareas de Baldaio, se achegará a este espazo natural de Bergantiños , onde as mareas dan vida a un espazo ornitolóxico no que que se poden observar ata 256 especies diferentes de aves e que tamén conta cunha importante historia reivindicativa de loita pola súa conservación

Ruta da Luz, sen a luz do sol non e posible a vida na terra. Sen a luz do ser humano: a solidariedade, bondade, amizade, a cultura e o amor non é posible a vida humana. Neste crítico momento da historia onde a ignorancia e a violencia inunda ao ser humano, queremos reivindicar a importancia da bondade, a cultura, o pequeno e o diverso. E nesta ruta por camiños rurais de Boimorto participaremos no “Festival de la Luz” unha experiencia interxeracional solidaria onde a música diversa e a protagonista.  
Cerca do ceo. Unha ruta de sendeirismo de fin de semana polo interior de Galicia , onde a montaña e o románico serán os  protagonistas.

¿A quién va dirigido?

Dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros .

Plazo de inscripción

Para participar debe realizar a preinscrición preferentemente na Sede electrónica: https://sede.oleiros.org/ No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo de maneira telefónica chamando ao telefono 981 610 000   en horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas nos períodos distribuídos por localidade que pode consultar descargando o folleto do programa. 

O prazo e inscrición da actividade de excursionismo e ollada de estrelas no período do 17 a 27 de abril.

O prazo e inscrición da actividade de sendeirismo no período do  29 de abril a 4 de maio.

O prazo e inscrición da actividade de sendeirismo de fin de semana no período do  1 a 4 de xullo.

Inscrición excursionismo e ollada de estrelas do 17 a 27 de abril