Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Xacarandaina actúa este domingo no Parque José Martí

 Oleiros, 16 de setembro de 2020-. O vindeiro domingo 20 de setembro, ás 12:30 horas, o Grupo de Música e Baile Tradicional de Galicia Xacarandaina actuará no Parque José Martí. O espectáculo forma parte do programa da Agadic "Danza3 na Rúa" que se ven realizando desde hai 10 anos polas distintas vilas de Galicia.

 
O programa Danza 3 é un proxecto promovido pola Agadic e as agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos arredor da música e baile tradicionais que se desenvolve en toda Galicia a través de espectáculos de rúa que contribúen á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura galega e que proporciona ao público unha información fundamental para poder comprender e valorar axeitadamente a importancia do patrimonio inmaterial de Galicia. 
 
A entrada será libre, pero en atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, o espectáculo terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao auditorio do centro cultural A Fábrica.
back link