Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Xa é posible inscribirse nas actividades das casas da mocidade no mes de setembro

 Oleiros, 25 de agosto de 2022-. Está aberto o prazo para inscribirse ao programa variado de actividades Noctamboleiros, ofertado polas casas da mocidade no mes de setembro. Están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas. 

 
Realizaranse unha xornada de kaiak e paddlesurf, curso de mediación de dereitos sexuais e reprodutivos, obradoiros de punch needle e de cociña doce, e continuará o programa radiofónico xuvenil, a Mociradio. O 18 de setembro celebrarase o II Encontro Mocidade Voluntaria na cúpula de Mera. 
 
Os centros da mocidade son espazos municipais que ofrecen un ocio saudable, inclusivo e responsable á xuventude. Ademais de organizar actividades, as casas tamén cumpren a función de Punto de Información Xuvenil, onde o persoal laboral cualificado informa e orienta a mocidade nas súas inquedanzas e dúbidas. 
 
Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Portaberta e As Pedras), chamar ao 981 614 083 ou 981 977 944, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou  pix.aspedras@gmail.com. Tamén se pode atopar máis información das casas na súa paxina web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/.
 
back link