Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Volven As Tardes do Alfar co mellor da música e da olería ao vivo todos os xoves de xullo no parque das Torres de Santa Cruz

Durante o mes de xullo, o parque das Torres de Santa Cruz acollerá unha nova edición de As Tardes do Alfar, o microfestival promovido polo Concello de Oleiros que mestura música en directo e demostracións de olería nun entorno privilexiado e aberto á veciñanza.

As actividades desenvolveranse todos os xoves de xullo a partir das 19.00 h, comezando polas mostras de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e continuando ás 20.00 h cos concertos dunha selección de artistas galegos e nacionais que abranguen estilos diversos, do rock ao folk, pasando polo indie ou a música de autor.

O ciclo contará cun cartel variado e potente que encherá de música os solpores de Santa Cruz, comezando o 2 de xullo con Teixi Band, grupo musical español de rhythm & blues formado en 1997 por músicos procedentes de las bandas Mermelada y Los Elegantes; seguiralle o 9 de xullo Anaut, banda española de rock e música americana nada 2013 como un proxecto persoal do músico madrileño Alberto Anaut.

O 16 de xullo será a quenda do pop-indie de Silvia Penide e o xoves 23 de xullo a de Madame Bird coa súa música negra, soul, blues e funk como proposta marabillosa para unha tarde de verán. O ciclo pecharase o 30 e xullo da man da banda de rock Superfuzz.

As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.
 

back link