Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Volven as charlas de divulgación científica á Biblioteca Central Rialeda

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda o vindeiro venres 23 de xaneiro da man de José Díaz Varela, catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña; con “Movemento e defensa das plantas”.

O venres 23 de xaneiro ás 18:30h terá lugar a primeira das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.

Os obxectivos do programa “Ler para saber”  son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” completarase con outras cinco charlas máis os días 27 de febreiro (“Solucións baseadas na natureza.exemplo: recuperación do Mar Menor” con con Alatzane Carbosena), o 13 de marzo (“O museo e os seus obradoiros” con Fernando Luis Fontes Blanco), o 10 de abril (“Citeeconto que facemos!” con Fernando Martínez Abella), o 8 de maio (“Explorando o universo microscópico” con Elena Fernández González) e o 5 de xuño (“Microbioma e saúde” con Margarita Poza Domínguez).

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

back link