Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Vixiar a hixiene pública dos contedores de lixo debería ser a bandeira da nova prestación do servizo

A nova empresa que se fará cargo do contrato de recollida do lixo, que costará ao Consorcio das Mariñas máis de 16 millóns de euros anuais, terá que ser moito máis rigorosa que a actual en relación á hixiene urbana e o estado dos contedores.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, fixo hoxe referencia a este asunto que preocupa a moitas persoas xa que na actualidade a empresa que realiza os traballos non cumpre coas obrigas básicas de hixiene dos contedores, polo que nalgúns puntos se crean situacións de escaso coidado ambiental.

A entidade supramunicipal deixou listos recentemente os pregos do novo contrato, que se agarda sexa adxudicado a fins de 2026. A vixilancia sobre o cumprimento dos requerimentos hixiénicos que afectan ao espazo público será un dos puntos fortes da nova prestación deste servizo cotiá de tanta importancia ambiental.
 

back link