Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Uxía e Narf presentan o seu primeiro disco conxunto o sábado nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 17 de febreiro de 2016-. O sábado 20 de febreiro ás 20:30 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz, dous grandes da música galega, Uxía e Narf, únense para presentar o seu primeiro disco conxunto: Baladas da Galiza imaxinaria. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2’50 euros, ata completar a capacidade da sala.

O proxecto musical de Uxía e Narf nace do talento e da sensibilidade destes dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros. Entre conversas, encontros e concertos foron debullando e compartindo a idea dun espazo emocional, que vai alén do puramente xeográfico, que latexa vivo e fértil, no interior de moitas almas espalladas por todo o mundo. Persoas que non beben necesariamente das mesmas fontes culturais, ou que nin sequera son galegas ou de ascendencia galega. Amantes do noso, sen máis. Habitantes da Galiza Imaxinaria.

Baladas da Galiza Imaxinaria é un convite a transitar por un espazo inacabado do que todo o público forma parte. E que vos preste a viaxe.

 

back link