Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Uns 50 nenos e nenas participarán este sábado na Alfombra Máxica

Oleiros, 16 de novembro de 2017-. As actividades do Apego volven a Oleiros este sábado cunha proposta de libre experimentación para os bebés de 0 a 3 anos a través dunha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde as crianzas se mergullarán nunha viaxe sensorial. Descubrirán o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…

A Alfombra Máxica reunirá este sábado 18 de novembro na Escola Municipal de Danza a case 50 nenos e nenas en dúas sesións, unha ás 18.00 h e outra ás 19.00 h. Nun primeiro momento ía haber só unha sesión, mais debido á gran demanda suscitada, unha vez que se abriu o prazo de inscrición, decidiuse facer outra sesión. A listaxe de persoas admitidas conformouse por rigorosa orde de inscrición e aínda habendo dúas sesións, quedou xente en listaxe de agarda. As familias inscritas gozarán dos monicreques, da música e doutras sorpresas.
 

back link