A ex concelleira do Partido Popular foi identificada a través dos datos e etiquetas que tiñan as caixas e terá que afrontar unha sanción económica de entre 501 e 1.500 euros. Ademais de tirar unha desmedida cantidade de cartón fóra dos contedores, esta persoa tamén arroxou á vía pública plásticos de embalaxes, poliestireno, medicamentos, roupa, calzado,...
Ninguén ten dereito a degradar desta maneira os espazos públicos de Oleiros.