Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Un novo obradoiro de emprego permite a contratación de 20 veciños e veciñas en paro

 Oleiros, 4 de outubro de 2022-. Comezou un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e mantemento de zonas verdes municipais. Para a realización desta actividade formativa foron contratadas 5 persoas para docencia e administración e 20 veciños e veciñas en situación de desemprego que recibirán unha remuneración mensual de 1.000 euros durante os 12 meses que durará o obradoiro, máis as correspondentes pagas extras.

 
O alumnado participante no obradoiro formarase nas especialidades de carpintería -10- e xardinería –outros 10-. Todas aquelas persoas que finalicen satisfactoriamente o obradoiro terán un contrato nunha empresa por un prazo mínimo de 3 meses. 
 
Para a realización desta actividade formativa a Xunta achega 503.987 euros e o Concello 14.986,22 euros.
back link