Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Un novo Obradoiro de Emprego continuará co acondicionamento da Finca Tenreiro

Oleiros, 9 de xuño de 2016-. A Xunta de Galicia comunicoulle ao Concello de Oleiros que haberá un novo Obradoiro de Emprego para continuar coas tarefas de acondicionamento iniciadas na Finca Tenreiro. Un total de 20 persoas en situación de desemprego formarán parte desta actividade formativa que lles permitirá recibir unha remuneración mensual de 648,56 euros.

Nesta ocasión o alumnado do obradoiro participará nas especialidades de carpintería e albanelaría. Dese xeito poderase dar un paso máis na recuperación do edificio principal da finca. Ademais, as persoas que aprenden viveirismo e xardinería no Centro Municipal de Formación da Carballeira realizarán as súas prácticas nesta nesta propiedade municipal.

Nos vindeiros días, o Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo iniciará o proceso de selección.
 

back link