Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Un hotel de primeira sobre o río, o sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 26 de septiembre de 2019-. A compañía Escoitade Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Un hotel de primeira sobre o río. María José Iglesias, Isidro Piñeiro, Doro Piñeiro, Eugenia García, Yaiza  Fernández,  Pastora  Comesaña,  Rosario  Alonso,  Raúl  Alonso,  e Raquel Álvarez forman o elenco desta obra de Xohana Torres, que dirixe Doro Piñeiro.

 
O texto de Xohana Torres está adaptado  en  catro  cadros  por  Doro  Piñeiro para Teatro Escoitade. Nel son constantes  as  referencias  ás  múltiples relacións  persoais  que  nos  atopamos acotío ao longo da vida, como tamén o son  as  luces  e  sombras  que  debuxa  a condición humana e que en moitas ocasións, tal condición, remata por saírse  do  que  se  considera  a  estabilidade  emocional  da  persoa,  do individuo. Tal así é a defensa "do noso, dos nosos e do máis próximo", a presión  especulativa,  a  corrupción  política,  o  desinterese  social  e  a superstición que levamos no ADN, como xeito  de  saída  a  toda unha carencia cultural de sociedades xa caducas, e non tanto. Un hotel de primeira sobre o río é un relato, é unha historia de amor á natureza, é unha loa á impotencia e, finalmente, é un xeito de vida con data de caducidade.
 
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.
back link