“Pepe Mújica é un exemplo de como teñen que ser os gobernantes, un home do que temos que copiar moitísimo. Revolucionario, guerrilleiro, presidente de Uruguai, pensador, sempre loitando pola democracia, polos dereitos da clase traballadoras e das persoas máis desfavorecidas,... Unha referencia en Latinoamérica e en todo o mundo, cun discurso realmente brillante capaz de concienciar ás persoas menos militantes”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
O Goberno municipal outorgará o nome de Pepe Mújica, ex presidente da República de Uruguai, a unha rúa ou avenida do Concello de Oleiros. O seu legado político e humano merece ser lembrado de forma permanente para avanzar na construción dunha sociedade mellor.