Este espazo verde singular, consolidado como referente de deseño sostible e respecto pola biodiversidade foi o protagonista e escenario da proxección que tivo lugar ao aire libre, reforzando así a mensaxe do filme: a integración da natureza na vida cotiá da cidadanía de forma respectuosa, transformadora e inclusiva.
O público asistente descubriu a través do documental o proceso de creación do parque a través de imaxes e entrevistas coa veciñanza, especialistas e membros do equipo técnico, amosando como naceu o proxecto dende unha perspectiva colaborativa, social e ambiental. O Parque Rosalía Mera destaca pola súa configuración flexible e multifuncional, de lecer, descanso e encontro adaptadas a diferentes idades e necesidades.
O espazo natural que configura o Rosalía Mera é redefine o concepto de espazo público urbano e promove unha nova ollada sobre a relación entre urbanismo e natureza.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Un cento de persoas participan na estrea de “Con outra Ollada”, un documental sobre o Parque Rosalía Mera
Máis de 100 persoas asistiron á estrea de “Con outra ollada”, unha peza audiovisual que pon en valor o espazo natural que abrangue o Parque Rosalía Mera, na parroquia de Dorneda.