Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Un campamento para nenos e nenas ofrece actividades variadas durante o Nadal

Oleiros, 26 de outubro de 2016-. Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 30 de decembro no Campa Nadal 2016, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas en todos os colexios de ensino público de Oleiros. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello pon en marcha unha nova edición desta actividade coa que tamén se procura fomentar entre as persoas participantes os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

Neste campamento, os nenos e nenas coñecerán o seu medio natural e sociocultural máis inmediato. O traballo en grupo, a solidariedade, compartir experiencias lúdicas, aumentar os lazos de amizade, desenvolver a súa autonomía, estimular os hábitos saudables e educar na igualdade son os eixos sobre os que se moverá o Campa Nadal 2016.

O prazo de preinscrición abre o vindeiro mércores 2 de novembro. Na web municipal, no teléfono 981636598 e no enderezo ensino@oleiros.org pode obterse máis información.

MÁIS INFORMACIÓN E FOLLAS DE INSCRICIÓN

back link