Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Tras o parón do verán, o Concello retoma as actividades dirixidas para persoas coidadoras

Actualmente a sociedade galega evidencia unha tendencia ascendente na porcentaxe de poboación en situación de dependencia. Tradicionalmente as familias sempre asumían os coidados, desde unha ampla estrutura familiar na que a alternancia era posible e permitía que a persoa dependente continuase desenvolvendo a súa vida no hábitat habitual coñecido. Actualmente as familias son diferentes, máis pequenas, con maior mobilidade, onde xa non coexisten varias xeracións e  ademais incorpóranse ao mundo laboral todas as persoas que integran a familia. 

Na última década apréciase unha crecente sensibilidade cara á familia como provedora de atencións ao enfermo crónico que é atendido no seu domicilio. Os coidados que reciben persoas dependentes proveñen nun 50% da súa contorna familiar, no caso de persoas con discapacidade intelectual, e o 70% en persoas que presentan discapacidade física, sendo o ingreso en institucións de respiro e apoio un 12% dos casos diagnosticados.

Os coidados precisan dunha dispoñibilidade permanente que non permiten o respiro do familiar e provoca fatiga psicolóxica que incide en aspectos físicos, psicolóxicos e sociais da vida cotiá. 

Para diminuír estes efectos e acompañar a persoa coidadora o Concello de Oleiros desenvolve un programa de “Apoio ás persoas coidadoras”, buscando o obxectivo de que estas usen as súas propias capacidades abandonadas na atención ao seu ser querido novamente no seu beneficio. 

•    Mellorando a percepción da calidade de vida das persoas coidadoras.
•    Potenciando as relacións sociais.
•    Manexando as emocións conflitivas froito dos coidados.

Para a consecución destes obxectivos desenvólvense as seguintes actividades: 

•    “Descubrindo emocións”, obradoiros terapéuticos cunha duración de 8 sesións semanais. 

•    “Coidando emocións”, obradoiro grupal durante todo o ano onde se fomentan as relacións entre as persoas coidadoras. 

•    “Paseo dos sentidos”, pequenos paseos relaxados en espazos naturais próximos.
 
•     “Estimulación” obradoiros  dirixidos a persoas con deterioración cognitiva.

back link