Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30) e agosto (de 20:00 a 22:00). Participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco...
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.
O sábado 4 de xullo comezan as actuacións cos concertos de “Carlos Mirayes” na Praza do Castelo en Santa Cruz, “Retrotool” na contorna do Arxentino en Mera, “Sophie Simonds” na Avda. Santa Cristina e “Black and Green” na Praza Afundida de Santa Cristina.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
|
|
O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.