Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Todas as bibliotecas municipais acollerán unha exposición de libros infantís, xuvenís, poemario

Oleiros, 16 de febreiro de 2018-. A partir do luns 19 de febreiro e ata o 31 de maio desenvolverase nas bibliotecas municipais de Oleiros unha exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka. Trátase de obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre as que destacan títulos como O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, Artur e Clementina, Contos por teléfono, Crocodilo namorado, A historia do touro Ferdinando, Frederick, O homiño vestido de gris e outros contos, Os tres bandidos, Onde viven os monstros ou Rosa Caramelo.

Ademais de contos e narrativa xuvenil  tamén estarán expostas obras de poesía como 12 poemas de Federico García Lorca, unha escolma poética de Celso Emilio Ferreiro, 25 poemas ilustrados de Miguel Hernández, unha escolma poética de Ramón Cabanillas e diversos poemas de Rosalía de Castro. Igualmente, poderanse ollar libros de coñecementos como Inventario ilustrado das aves, Inventario ilustrado das flores, Inventario ilustrado de animais.

A exposición estará do 19 de febreiro ao 2 de marzo na Biblioteca Municipal María José Ruso de Dorneda, do 8 ao 16 de marzo na Biblioteca Central Rialeda de Perillo, do 21 ao 28 de marzo na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, do 6 ao 16 de abril na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós, do 20 ao 27 de abril na Biblioteca Municipal María José Trincado de Mera, do 3 ao 10 de maio na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, do 15 ao 31 de maio na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros.

Coincidindo con esta exposición haberá diversas actuacións nas bibliotecas. O día 21 de marzo, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, actuará Ramiro Neira interpretando Soños de contos, dirixida a nenas e nenos de 1 a 3 anos. O día 6 de abril, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós,  actuará a Compañía Trinke Trinke interpretando Avós, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos. O día 20 de abril, na Biblioteca Municipal María José Trincado de Mera, actuará a Compañía Pavís Pavós interpretando Contos en abril, dirixida a nenas e nenos de 1 a 3 anos. O día 3 de maio, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé,  actuará a actriz Soledad Felloza interpretando Contos para soñar, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos. O día 15 de maio, na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros, actuará a Compañía Trinke Trinke interpretando Asociación de animais solidarios, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos.


As visitas ás exposicións son libres. No caso das actuacións, para asistir, é imprescindible reserva previamente praza na biblioteca correspondente.

 

back link