Oleiros, 8 de maio de 2020-. Todas as bibliotecas municipais de Oleiros estarán abertas a partir do próximo luns 11 de maio para préstamo e devolución de fondos bibliográficos. Será preciso reservar cita previamente por vía telefónica ou mediante correo electrónico.
Os préstamos pendentes de devolución entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo (durante os quince días anteriores á entrada en vigor do Estado de alarma) quedan prorrogados ata o 11 de xuño, para evitar concentracións de persoas usuarias. Desta forma existirá unha ampla marxe para poder achegarse á biblioteca correspondente.
Para dirixirse a calquera das 7 bibliotecas é posible chamar ao 981 610 000. Tamén pode reservarse cita dirixíndose directamente a cada centro a través dos seguintes correos electrónicos: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (biblioteca.rialeda@oleiros.org), Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (biblioteca.santacruz@oleiros.org), Biblioteca Manuel María de Oleiros (biblioteca.manuelmaria@oleiros.org), Biblioteca Mª José Trincado de Mera (biblioteca.mera@oleiros.org), Biblioteca Mª José Ruso (biblioteca.dorneda@oleiros.org), Biblioteca Ánxel Fole de Nós (biblioteca.nos@oleiros.org) e Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé (biblioteca.lorbe@oleiros.org).