Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Teatro infantil, o domingo no auditorio da Fábrica

 Oleiros, 14 de febreiro de 2022-. A vindeira fin de semana continúan as actividades do Apego cunha obra de teatro, Que animaliño é?, de Trémola Teatro. É unha obra para para as nenas e nenos de 6 meses a 4 anos que fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor a través de diferentes elementos sensoriais (bólas de la, burbullas de xabón, instrumentos, sons...).

 
O espectáculo será o domingo 20 de febreiro ás 12.00 h, no Auditorio da Fábrica. As familias interesadas en acudir, poden preinscribirse na web municipal. Os dous primeiros días de inscrición terán preferencia as familias inscritas no Apego.
 
back link