A comedia teatral dirixida por Gena Baamonde presentarase no García Márquez o sábado 25 de outubro ás 20:30 horas.
A obra retrata eses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Os protagonistas xa foron parella e vólvense a encontrar. Logo de tanto tempo separados, quizais sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez. Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso ao que se lle chama «amor».
O espectáculo está dirixido público adulto e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.