Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Silvia Salgado presenta o luns na Biblioteca de Santa Cruz o seu libro La Aldea

Oleiros, 11 de outubro de 2018-. A Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle o vindeiro luns día 15 de outubro, ás 19:00 horas, a presentación da novela “La aldea” de Silvia Salgado. Esta obra conta a historia dunha aldea de China que tras sufrir un terrible terremoto hai que volver a construíla, a levantala.

Silvia Salgado, veciña de Mera, licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e ten un máster en Xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Columbia de Nova York. Os seus primeiros pasos profesionais dáos na radio (Onda Rambla Barcelona), pero a súa carreira laboral desenvolveuse nos Departamentos de Comunicación e Recursos Humanos dunha importante entidade financeira.

Este libro é a segunda novela de Silvia Salgado. A primeira, “Mientras hilan las mariposas”, tamén presentada nesta biblioteca no ano 2016, tivo unha gran acollida por parte do público. Na presentación do luns estará acompañada por Pepe Taboada, profesora de lingua e literatura galega que leva máis de trinta anos dedicada á docencia en diversos institutos de Galicia, quince deles no IES María Casares de Bastiagueiro.

back link