Oleiros, 4 de abril de 2018-. Serxio Pazos ofrecerá o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Afiando con humor. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do monólogo a un prezo de 2,50 euros.
Serxio Pazos presenta unha nova proposta na que se afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiando. Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el?