A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. O grupo terá que interpretar a detectives contratados para investigar o roubo das palabras atopando pistas, resolvendo enigmas, descifrando códigos e xogando coa lingua para recuperalas e devolverllas ao circo.
Esta actividade está organizada no marco do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.