Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Sarabela Teatro representa o sábado en Mera Ensaio sobre a cegueira

Oleiros, 08 de marzo de 2016-. O vindeiro sábado 12 de marzo ás 20:30 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle a representación da obra Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala, e teñen un prezo de cinco euros.

Sarabela Teatro presenta un drama de 90 minutos de duración que xira arredor dun home que fica cego subitamente, este caso empeza a expandirse de maneira fulminante pola cidade. Os cegos terán que enfrontarse á vontade de sobrevivir a calquera prezo. Ensaio sobre a cegueira é a ficción dun autor que nos alerta sobre “a responsabilidade de ter ollos cando outros xa o perderon”. Di que “somos unha cousa que non ten nome. Temos ollos que vendo non vén”.

O elenco fórmano Vicente Montoto, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Jorge Casas, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto, Elena Seijo e Xavier Estévez.
 

back link