Oleiros, 8 de xullo de 2019-. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do municipio servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro… A terceira edición de Rúa Ext-cénica transformará as rúas de Oleiros en escenarios propicios para provocar a interacción social co público no marco dun ambiente festivo.
VENRES 12 DE XULLO
Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 19:30 horas.
Kanbahiota realiza o primeiro pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.
As parábolas de Pakolas. Praza do Castelo, ás 20:15 horas.
Concerto e narración de contos infantís a cargo de Pakolas.
Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 21:30 horas.
Kanbahiota realiza o segundo pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.
SÁBADO 13 DE XULLO
Ricki, el profesor de tenis. Praza Esther Pita, ás 20:00 horas.
A Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite.
Concerto de Vodoo e Lilaina. Praza do Castelo, ás 21:00 horas.
Música do dúo feminino Vodoo que mestura a música tradicional galega con blues, soul e funk e do grupo de pandeireteiras Lilaina.
DOMINGO 14 DE XULLO
Rojo estándar. Praza da Lagoa, ás 12:30 horas.
La Nördika realiza un espectáculo de circo e danza.
Danza contemporánea. Parque José Martí, ás 21:00 horas.
Ánxela Blanco representará Voo; Entremans, Instante gradual e La Macana pechará a xornada con Ven.