Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Sanidade Galega con Palestina trae á Fábrica unha exposición sobre o xenocidio en Palestina

Continúa a campaña permanente do Concello de Oleiros de denuncia do xenocidio do pobo palestino, por parte do Goberno de Israel. Nesta ocasión, Sanidade Galega con Palestina, co apoio do Concello, BDS Coruña e o IES Terra de Xallas, inaugura este venres día 2 de outubro ás 19:30 h, no centro cultural A Fábrica de Perillo, unha exposición.

Trátase dunha selección de deseños de Castelao recollidos nos seus tres álbums de guerra- Galiza Mártir (1937), Atila en Galiza (1937) e Milicianos (1938)- que gardan un enorme parecido con imaxes fotográficas do xenocidio e limpeza étnica na Palestina (Gaza e Cisxordania) coas que se emparellan e configuran a exposición. As imaxes obrigan a mirar de fronte á inxustiza e á destrución provocadas polo odio e pola deshumanización do máis débil, tristemente de tanta actualidade...

A exposición estará dispoñible para toda a cidadanía na Fábrica ata o día 16 de outubro.

back link