Oleiros, 01 de febreiro de 2017-. A noite do pasado luns, a altas horas da madrugada, foi roubada unha árbore de xardinería que se atopaba no parque José Martí. A árbore, de máis de 3 metros de altura, é un pradairo cuxo valor supera os 1.000 euros.
Os delincuentes forzaron o portal de acceso ao parque, que é o único do municipio que se pecha polas noites. Dado ao tamaño do pradairo, é evidente que empregaron un camión ou unha furgoneta de grandes dimensións, xa que sería imposible realizar o traslado nun turismo.
O Concello de Oleiros solicita a colaboración cidadá para detectar se algunha persoa ou empresa que se dedica á xardinería ofrece ou planta nestes días unha árbore destas características. O pradairo subtraído levaba plantado no José Martí desde a súa inauguración en 1991.