Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Ricardo Seixo presentará os seus poemarios nas Torres

 Oleiros, 14 de febreiro de 2022-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves día 17 de febreiro, ás 20:00 horas, a presentación dos libros Sinais, Coa luz negada e Na república da intimidade de Ricardo Seixo Fernández. Ademais do propio autor, na presentación actuará o grupo de música Maraxe.

 
Ricardo Seixo é poeta, mestre e traballou en diferentes localidades de Galicia. É un colaborador cultural da Asociación de Veciños da Agra do Orzán, unha asociación na que levan a cabo numerosas actividades. Como autor, ademais destas tres obras, tamén publicou Versos noctámbulos e Ollares. É un poeta que entende a escritura “como un compromiso vital coa realidade na que vive e co país ao que pertence”.
back link