Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Reurbanización completa das rúas Álamos e Sauces

O Concello de Oleiros está a licitar as obras de reurbanización completas das rúas Álamos e Sauces, entre a N-VI e a zona de Beiramar e o Paraíso.

As rúas Sauces e Álamos serán reurbanizadas nos próximos meses. As actuacións que desenvolverán teñen que ver coa humanización da zona na que se sitúa a vía e consisten no asfaltado da mesma, dotación de beirarrúas nos tramos que non existen na actualidade, melloras nas canalizacións de pluviais e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública das devanditas rúas.

As obras comezarán este verán e teñen un prazo de execución de 4 meses.

O Concello de Oleiros investirá nesta actuación un total de 224.709,80 euros 

back link