Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Restricións na rúa Uxío Novoneira a partir do luns polas obras de renovación do pavimento

 Oleiros, 16 de outubro de 2020-. Desde o luns 19 de outubro e ata a finalización das obras de renovación do pavimento na rúa Uxío Novoneira, non se poderá estacionar entre os números 10 e 14. O acceso aos garaxes verase tamén restrinxido, debendo minimizarse as entradas e saídas en horario de 8 a 20 horas.

 
O Concello vai renovar o pavimento desta rúa, na parroquia de Liáns. O investimento nesta actuación é de 101.640 euros.
back link