Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Renovado o Rincón de Cecilia no Parque José Martí

O Concello de Oleiros completa a renovación integral do Rincón de Cecilia, no parque José Martí, nunha actuación incluída no plan de mellora deste espazo público que supón un investimento global de máis de 350.000 euros. 

A intervención permitiu transformar esta emblemática zona de xogos, dedicada á lembranza da pediatra Cecilia, que exerceu durante moitos anos en Oleiros. O novo espazo incorpora modernas estruturas de xogo integradas en grandes elementos de formigón, con pezas de gran formato adaptadas ao xogo e lecer dos máis cativos. 

Esta actuación forma parte das melloras executadas no parque José Martí, que  inclúen tamén a renovación que se vai levar a cabo proximamente dos viarios interiores para incrementar a seguridade e a accesibilidade das persoas usuarias. 
 

back link