Oleiros, 4 de outubro de 2018-. Redrum Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo A canción do elefante, de Nicolás Billón e dirixido por Alex Sampayo. Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez forman o elenco desta obra de teatro.
A Canción do Elefante é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca o público ata o seu desenlace. O punto de partida é a desaparición dun psiquiatra da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.