"Las reglas del verano" de Shaun Tan. En Bárbara Fiore
Este álbum ilustrado de Shaun Tan narra a través de imaxes e frases breves a relación entre dous irmáns durante un verán.
"El barón rampante" de Italo Calvino. Editado por Siruela.
Dispoñible en eBiblio
A novela, publicada en 1957, é a segunda da triloxía Nuestros antepasados, aínda que pode lerse perfectamente de maneira independente. Narra a historia de Cosimo di Rondò, un barón de doce anos que, tras unha disputa coa súa familia durante unha comida, decide subirse ás árbores e proclama que nunca máis volverá poñer un pé no chan.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.