Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Recepción institucional ao campión europeo Manu Taibo na Casa do Concello

O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, recibiron oficialmente na Casa do Concello ao patinador Manu Taibo, recente campión de Europa en relevos e subcampión en maratón. Un merecido recoñecemento institucional ante estes novos éxitos deste extraordinario deportista, resultado dun esforzo e dedicación persoal sobresaínte. 

Manu Taibo, que xa fora anteriormente campión mundial e europeo en categoría junior, iniciouse na patinaxe de velocidade aos 4 anos, no pavillón da Rabadeira, da man da SCD Rabadeira. Tamén probou outros deportes como fútbol, natación ou tenis, pero unha vez pasou a formar parte dos equipos de competición da SCD Rabadeira entregouse á patinaxe, logrando en categoría alevín a súa primeira medalla de prata nun campionato de España. Despois, baixo a guía do seu adestrador David Garrido, e cun enorme traballo comezaron a chegar máis triunfos, numerosas medaIlas en campionatos galegos e de España e a participación na selección, o que lle permitiu ser campión europeo e mundial.

Manu Taibo é un orgullo para o pobo de Oleiros e un exemplo de como comportarse no deporte e na vida.

back link