Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Recepción institucional ao campión europeo Damián Ramos na Casa do Concello

O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, recibiron oficialmente na Casa do Concello ao recente campión de Europa de ciclismo Damián Ramos, veciño de Montrove. En recoñecemento a ese destacado triunfo deportivo, froito dun esforzo e dedicación persoal sobresaínte, fíxoselle entrega do agasallo institucional do Concello de Oleiros. 

Damián Ramos, que xa foi recoñecido pola súa traxectoria na Gala do deporte celebrada o pasado mes de abril, proclamouse nas últimas semanas campión de Europa en ruta e campión de España en pista. Deportista practicamente desde o berce, os seus primeiros grandes logros deportivos foron como piragüista, formando parte da selección española entre 2009 e 2011. No ano 2014, un accidente levouno a reenfocar a súa vida deportiva cara a bicicleta, amosando unhas cualidades extraordinarias para acadar importantes resultados. 

Recoñecido como deportista de alto nivel tanto galego como español, forma parte da selección española de ciclismo adaptado. No 2022 participou no Mundial de ciclismo en Canadá, no que foi oitavo. Neste momento está inmerso de cheo na preparación do seu grande obxectivo, unha praza para competir nos Xogos Paralímpicos de París 2024.
 

back link