Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Reapertura das piscinas municipais ante o cambio nas restricións decretadas pola Xunta

 Oleiros, 22 de xaneiro de 2021-. Ante o cambio nas restricións sanitarias decretadas pola Xunta de Galicia, os complexos deportivos municipais de Perillo, A Fábrica, Oleiros e Dorneda reabrirán as súas portas a partir de mañá sábado, nos horarios habituais. O motivo principal desta decisión é a posibilidade de uso dos vestiarios, respectando en todo momento a distancia de seguridade e a limitación do aforo.

 
Durante o tempo que duren as actuais restricións, non poderán usarse en ningún caso as duchas. Ademais, para cumprir coa normativa procederse á limpeza e desinfección dos vestiarios de xeito frecuente, así como á finalización da xornada.
back link