Oleiros, 26 de novembro de 2021-. Finalizadas as obras de mellora e da restauración do artesanado no Castelo de Santa Cruz, o Concello de Oleiros volve abrir as portas da mostra Ensamble Isaac. Trátase dunha exposición permanente sobre a figura do polifacético artista galego Isaac Díaz Pardo.
O Memorial Ensambleisaac é unha obra artística de Pacodíaz que combina unha escultura construída e deseñada en base a pezas ensambladas dos oleiros e ceramistas galegos máis relevantes. Esta exposición permanente tamén conta con obras literarias, pictóricas, fotográficas e musicais que fan referencia á figura de Díaz Pardo.